WGML17: Machine Learning Workshop Galicia CiTIUS Santiago de Compostela, Spain, October 19, 2017 |
Conference website | http://www.wgml.es |
Submission link | https://easychair.org/conferences/?conf=wgml17 |
Submission deadline | September 25, 2017 |
Machine Learning: a máquina aprende
Nos últimos anos o interese da industria e da comunidade investigadora polas tecnoloxías asociadas ao Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning (ML) incrementouse notablemente. Diversos factores determinantes, como a dispoñibilidade de contornos computacionais cada vez máis potentes, a irrupción das tecnoloxías Big Data, a mellora nos algoritmos de aprendizaxe, a aparición do Deep Learning, ou o acceso a un conxunto de datos cada vez maior e a menor custe, converteron esta tecnoloxía nun referente actual en case calquera campo do coñecemento.
O uso das tecnoloxías ML supuxo un punto de inflexión na sociedade coa súa presenza nunha ampla gama de aplicacións, como por exemplo: sistemas de procura, análise de textos, análise de redes sociais, recoñecemento de obxectos e caras, procesado do ADN, recoñecemento da fala, analítica de datos médicos, mellora e optimización dos sistemas de produción na industria, aplicacións de analítica para a intelixencia de negocio, e un longuísimo etcétera. Non obstante, e a pesar de todos os beneficios achegados polo ML á sociedade e á industria, o seu potencial máximo está aínda por explotar, polo que existe un futuro cheo de novos retos e oportunidades.
Envío de traballos
O comité científico do WGML2017 convida ós autores a compartir a súa experiencia en Machine Learning durante o evento, tanto se proceden do ámbito académico como do empresarial. Os interesados deberán enviar un abstract a través da plataforma EasyChair, seguindo o formato requirido pola organización e que pode ser descargado a través do seguinte enlace.
Nesta edición priorizaranse os traballos que mostren a aplicabilidade dos algoritmos Machine Learning a casos de uso reais co fin de mostrar á industria o potencial destas tecnoloxías. Tamén se valorarán os traballos que, aínda sen contar con algún caso de uso de transferencia real por atoparse nunha fase inicial de desenvolvemento, conten cun potencial importante de aplicabilidade no tecido socioeconómico ou industrial.
Comité Científico
- Ricardo Cao (CITIC - UDC, ITMATI)
- Milagros Fernández Gavilanes (AtlantTIC - UVIGO)
- David Mera Pérez (CiTIUS - USC)
- Andrés Gómez Tato (CESGA)
- Félix Díaz Hermida (CiTIUS - USC)
Lugar de celebración
O próximo xoves 19 de Outubro, a partires das 9:00 am, terá lugar o Machine Learning Workshop Galicia 2017. Nesta edición o Workshop celebrarase no salón de actos do CiTIUS en Santiago de Compostela.
CiTIUS, Rúa de Jenaro de la Fuente Domínguez, 15782 - Santiago de Compostela
Contacto
Para cuestións e dúbidas referidas ao congreso poderase enviar un correo a wgml@usc.es